Amosando publicacións coa etiqueta dia das letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia das letras galegas. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xuño de 2022

Letras Galegas 2022

Como cada ano, no CEIP de Chans-Bembrive festexamos o día das Letras Galegas CAMIÑANDO POLA LINGUA! Cada aula percorreu un sendeiro da parroquia de Bembrive para chegar ao mesmo punto, o Torreiro. Alí xuntámonos para para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán compartindo todo o que aprendemos na escola sobre el cos veciños e veciñas da zona. 

Este curso fixémolo do xeito que máis nos gusta: con música!!

Presentamos a biografía de Florencio Delgado cunha canción feita na aula de música acompañada dunha coreografía con balóns de baloncesto interpretada polo alumnado de 6ºA. Toda a escola traballou o tema na clase co seguinte vídeo e no Torreiro cantamos todos xuntos para dar a coñecer o autor a toda a parroquia. (Preme na ligazón)

BIOGRAFÍA MUSICAL DE FLORENCIO DELGADO


Continuamos dando a coñecer a obra de Florencio Delgado cantando un fragmento do poema "San Xosé", interpretado polo alumnado de 1º, 2º e 3º. (Preme na ligazón)

POEMA MUSICADO


E rematamos poñendo en valor a nosa música cunha actuación brillante do alumnado de 4º (ritmo con vasos), 5º (danza con paus) e 6ºB (coreografía con balóns) ao ritmo de "Terra", de Tanxugueiras. (Preme na ligazón)

TERRA


Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo resumo das andainas por Bembrive e do acto conmemorativo das Letras Galegas 2022.

VÍDEO RESUMO





mércores, 5 de maio de 2021

Letras Galegas 2021 Xela escríbese con X

Este ano O Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias Castaño ( Sarria , Lugo 1962 – Vigo, Pontevedra 2003 ) foi escritora, poetisa, tradutora, editora e profesora de galego ligada á editorial Edicións Xerais de Galicia.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A UN MUNDO DE RECURSOS SOBRE A AUTORA


venres, 5 de xuño de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA



Os dous contos que vos compartimos hoxe son unha adaptación do conto "As pitas baixo a choiva" e escrito por Ricardo Carvalho Calero. Ilustrados polo alumnado de 3º e 4º.


https://www.youtube.com/watch?v=xWnIZj0N_8c



As ilustracións son do alumnado de 3º e narrado por 5ºB









As ilustracións son do alumnado de 4º e narrado por 5ºB



domingo, 17 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

Como homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero, a profe Carmen preséntanos o conto "As pitas baixo a choiva". Que o desfrutedes!! 

Preme na imaxe para acceder ao vídeo


Podedes acceder aunha chea de actividades no blogue de Normalización lingüística da escola

17 de maio

Feliz día das Letras Galegas!


domingo, 4 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

http://normalizacionchans.blogspot.com.es/2014/05/letras-galegas-2014.html
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2014 ao escritor lugués Xosé María Díaz Castro, autor dunha importante obra poética en lingua galega. Se queres acceder aos recursos educativos sobre a súa vida e obra preme:
Xosé María Díaz Castro