Para festexar a Semana das bibliotecas, o Trasno Contacontos viaxou á biblioteca Neira Vilas e quedou por alí a pasar unha semana descubrindo novas lecturas. Para darse a coñecer, levou os libros nos que antigos alumnos e alumnas de Chans contaron a súa historia e unha carta de presentación. Di que o pasou bomba e que coñeceu xente moi interesante!
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca escolar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca escolar b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 3 de novembro de 2022
mércores, 2 de novembro de 2022
Scape Room na biblioteca
A bruxa Feiticeira encerrou cun feitizo os nosos carnés lectores nun cofre pechado cun candeado. Menos mal que os nenos e nenas de Chans foron agudos e conseguiron pasar todas as probas para descifrar o código de catro números e abrilo! Vese que coñecen ben a biblioteca!
luns, 31 de outubro de 2022
Semana das bibliotecas escolares
Este curso tivemos unha terrorífica semana das bibliotecas escolares coincidindo coa chegada do Samaín. Fixemos obradoiros de manualidades e maquillaxe e participamos nun scape room para rescatar os nosos carnés lectores!
luns, 25 de outubro de 2021
Feliz Día das Bibliotecas
Inauguramos este curso neste día tan especial no que comezamos coa celebración da Semana da Biblioteca Escolar. Este curso será unha xornada máxica na que todo pode pasar!
Esperámosvos en BiblioChans!
martes, 29 de outubro de 2019
BIBLIOTECAS CON ENCANTO
Para celebrar o día das Bibliotecas escoalres (24 outubro) o Trasno Contacontos enviounos este vídeo das bibliotecas que percorreu durante as vacacións. Sabedes cal é a súa Biblioteca favorita?
Aproveitamos a ocasión para facer unha reflexión sobre o uso que lle damos á biblioteca escolar, o valor dos materiais que debemos coidar entre todos e a importancia da convivencia neste espazo de aprendizaxe.
Que ingredientes precisamos para ter unha biblioteca feliz?
sábado, 24 de novembro de 2018
Sobe ao bus da CDU
Xa podes ver a curtametraxe "O Bus da CDU" realizado polo equipo e os axudantes da biblioteca! Un gran traballo no que colaboraron moitos nenos e nenas da escola aportando os seus debuxos. Preme na imaxe para acceder á ligazón:
mércores, 31 de outubro de 2018
Os libros que queremos
Hoxe é o último día para deixar a túa recomendación. Se queres suxerir que a biblioteca merque ese libro que che encantou para que todos os nenos e nenas da escola o poidan ler, corre a anotalo e metelo na caixa!
Semana das Bibliotecas Escolares
martes, 7 de novembro de 2017
Día das BIBES na escola de Chans
Así viviron os nenos e nenas de Chans o día das Bibliotecas Escolares.
luns, 6 de novembro de 2017
De rata a leoa
Aquí está a curta que os nenos e nenas de 6º de Primaria rodaron para o Día das Bibliotecas Escolares. Parabéns para todos eles! Foi todo un éxito!
DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Os nenos e nenas de Chans unímonos á celebración do Día das bibliotecas Escolares participando nunha manchea de actividades.
O lema escollido desta xornada é "Aprende a pensar en Bibliochans", xa que a Biblioteca oferta un montón de posibilidades para "aprender a pensar" e desenvolver o pensamento crítico. O Trasno Contacontos mandounos unha carta para convidarnos a visitar o espazo máis máxico da escola. Os nenos de 6º fixeron un vídeo no que nos ensinaron como pasar de "Rata a leoa" e agasalláronnos cun marcapaxinas conmemorativo. Ademais vimos o vídeo "As cores de Bibliochans" e realizamos actividades variadas que nos axudaron a manexarnos mellor na nosa Biblioteca.
martes, 31 de outubro de 2017
Cartaz de Xosé Tomás
Con motivo do día das Bibliotecas Escolares o ilustrador Xosé Tomás fixo un precioso cartaz baixo o título "Aprender a pensar na biblioteca escolar". Gustounos tanto a forma en que a biblioteca da imaxe "abducía" aos seos lectores, que non quixemos ser menos e decidimos introducirnos nós tamén nela.
Novas do Trasno Contacontos!
O venres 20 de outubro recibimos novas do Trasno Contacontos. Gustounos moito saber das súas aventuras no verán! Enviounos, ademáis, unha invitación para festexar o Día das Bibliotecas Escolares en BiblioChans.
luns, 24 de outubro de 2016
SEMANA BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 de outubro: día das bibliotecas escolares
Queredes ver imaxes da celebración?? Deixámosvos este vídeo
Coma tódolos anos esta semana aproveitámola para abrir as portas da nosa biblioteca para todo o
alumnado do colexio.
Sempre intentamos facer unha breve reflexión sobre o xeito de estar neste lugar tan máxico da escola e sacarlle o máximo partido como usuarios/as.
Este ano esa formación de usuarios correu a
cargo do alumnado integrante do equipo de biblioteca de 6º de primaria, para
elo gravaron este vídeo.
O alumnado colaborador da Bibliochans davos unhas pequenas pautas para que poidades movervos pola biblio con soltura.
Despois de
recibir a carta do "Trasno Contacontos" visitamos a Biblioteca
(segundo horario establecido) e desenvolvemos unha morea de actividades de
animación á lectura e formación de usuarios co lema "As cores de Bibliochans"
Tralo visionado do vídeo observamos as cores dos andeis da biblioteca e eliximos o noso favorito.
Deixamos a nosa pegada na árbore queimada do "Bosque das Cores Máxicas", elixindo para elo a cor do noso andel preferido e compartindo as nosas preferencias cos demáis.
Mirade que bonito quedou!
Queredes ver imaxes da celebración?? Deixámosvos este vídeo
mércores, 11 de novembro de 2015
BENVIDOS A BIBLIOCHANS 2015
Bibliochans quixo sumarse a celebración da Semana de Bibliotecas escolares, abrindo as súas portas este curso cunha morea de actividades de animación á lectura. A Matetrasna Lucinda acompañounos nestas xornadas. Todos/as os nenos e nenas de Chans achegáronse á Biblioteca e participaron animadamente das actividades propostas porque en "Chans contamos todos/as"
luns, 3 de novembro de 2014
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014
Para celebrar a "Semana das Bibliotecas escolares" os nenos e nenas de Chans achegámosnos á Bibliochans para participar da Festa. Foi unha xornada máxica! ABRACADABRA!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






