Amosando publicacións coa etiqueta O trasno Contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O trasno Contacontos. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de novembro de 2022

O Trasno visita a Biblioteca Neira Vilas

 Para festexar a Semana das bibliotecas, o Trasno Contacontos viaxou á biblioteca Neira Vilas e quedou por alí a pasar unha semana descubrindo novas lecturas. Para darse a coñecer, levou os libros nos que antigos alumnos e alumnas de Chans contaron a súa historia e unha carta de presentación. Di que o pasou bomba e que coñeceu xente moi interesante!




sábado, 12 de decembro de 2020

SEGREDOS LECTORES

 Xa  podedes visitar a exposición  "Segredos lectores" . Grazas nenos/as de Chans por seren tan xenerosos/as e compartir os vosos segredos  lectores co Trasno Conatcontos e con todos/as nós. Noraboa polo voso traballo

Segredos lectores



luns, 2 de novembro de 2020

CARTA DO TRASNO

Neste tempo confuso e cheo de incertezas o Trasno Contacontos manda a súa primeira carta na etapa Covid. Triste por no poder  acompañarnos na inauguración de Bibliochans este curso,  fainos unha proposta moi interesante_:compartir con él os nosos "segredos lectores". Preme na carta.





venres, 29 de maio de 2020

ARTISTAS EN CHANS DENDE CASA!

O noso amiguiño o Trasno, deixou na caixa de correos da escola unha carta para todos/as os artistas que queren demostrar o seu talento dende a casa. Animádevos a participar!
Carta do trasno.

luns, 10 de febreiro de 2020

O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

Esperámosvos a todos e a todas!

martes, 3 de abril de 2018

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo festexouse o día da poesía, e o noso amigo, o Trasno Contacontos, púxose en contacto con nós para propoñernos que nos convirtamos en poetas e poetisas musicais.


A caixa do correo do Trasno espera os vosos poemas! 
Animádevos a participar!

Como inspiración, podedes ler os poemas que o Trasno deixou de agasallo nas diferentes clases. Pertencen ao libro "Queda la música", de Antonio G. Teijeiro.










martes, 31 de outubro de 2017

Novas do Trasno Contacontos!

O venres 20 de outubro recibimos novas do Trasno Contacontos. Gustounos moito saber das súas aventuras no verán! Enviounos, ademáis, unha invitación para festexar o Día das Bibliotecas Escolares en BiblioChans. 



sábado, 31 de outubro de 2015

EN CHANS CONTAMOS TODOS/AS

Bibliochans comeza unha nova  andaina cun interesante proxecto integrado:"En Chans contamos todos/as" co que pretendemos mellorar a competencia matematica, a oralidade, e a convivencia . O noso amigo Contacontos mandou a súa primeira carta deste curso na que pide a vosa colaboración: enviar contos matemáticos para agasallar á "Matetrasna "Lucinda.
Carta do Trasno

martes, 21 de outubro de 2014

CARTA DO TRASNO.

O noso amigo O Trasno Contacontos enviounos a primeira carta deste curso. Precisa da nosa axuda para facer feliz á Trasna Maruxa: temos que enviarlle uns feitizos para que poida practicalos no seu bosque Anímadevos!!!

martes, 29 de outubro de 2013

CARTA DO TRASNO, OUTONO 2013

De novo o Trasno Contacontos mandounos unha carta pedindo a nosa colaboración: elaborar entre todos e todas un libro para a nosa amiga Pinga. Este libro, feito coas nosas aportacións, acompañará a Pinga na súa viaxe nun barquiño de paple á Illa Fantasía. A nosa misión: contarlle ao Trasno cal é ese lugar maravilloso real o imaxinario que visitamos ou nos gustaría visitar e aqui tendes algunhas destas cartas. Grazas pola vosa colaboración

Contos Para Pinga by rosavarela

domingo, 13 de xaneiro de 2013

Novas do Trasno Contacontos!!

O Trasno visitou a nosa escola durante as vacaciíons de Nadal e estivo a facer das súas!! Deixou a escola chea de pingas!! Por que sería?? Menos mal que nos deixou todo explicado na súa carta... Déixovola por se a queredes volver ler.




mércores, 26 de outubro de 2011

"Non podes pasar sen lelo"

O venres chegaron á escola cartas do Trasno Contacontos para todos o nenos e nenas. Que verán máis estupendo pasou con Carolina paseando polos camiños de Bembrive... A ver se entre todos lle podemos facer ese agasallo á Trasniña para que o leve con ela. Cal é ese libro que Carolina non pode pasar sen ler?? Botade a vosa proposta na caixa do correo da biblioteca!!

MALETAS VIAXEIRAS

O Trasno Contacontos deixou a biblioteca chea de mochilas viaxeiras para os nenos e nenas de Primaria!! Pasade pola biblioteca cos vosos profes a ver se algunha é para vos... Que teñades boa viaxe!!!

sábado, 21 de maio de 2011

A nova BilioChans

Tachaaaannnnnn! Xa temos unha nova Bibliochans!O Trasno convidou ao alumnado de Chans a asistir a inauguración da súa nova Biblioteca os días 18, 19 e 20 de maio..
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes para poñela tan "guapa"

mércores, 30 de marzo de 2011

Semana da Poesía

Na semana da poesía o Trasno recibiu un montón de cartas na súa caixa de correo, case non collían dentro!!! Podedes seguir botando as vosas poesías, pronto haberá sorpresas!!

mércores, 27 de outubro de 2010

Visita do Trasno

Onte, ao chegar do recreo, durante a hora de ler, tivemos unha incrible sorpresa na escola de Chans!! O Trasno Contacontos enviou cartas a tódalas clases, e incluso se deixou ver por algunha esquina... Moitos e moitas tamén tiveron a sorte de escoitar os axóuxeres que leva nos seus zapatos e, seguramente, viu acompañado da súa amiga a Lavandeira Curi, porque din os nenos e nenas da clase de 4º que a viron pousarse nunha das árbores do xardín...

Coma sempre, mandou un recordo das súas vacacións, unhas fermosas fotografías que sacou paseando por Bembrive. Nelas puidemos ver moitos lugares que están preto da nosa escola e das casas dalgúns dos nenos e nenas do cole... Sabedes cales son estes lugares??? A ver se, ente todos, conseguimos situalos no mapa de Bembrive que hai colocado no taboleiro da Biblioteca. Ánimo e a investigar!!

Aquí vos deixo a carta para que a volvades a ler se queredes.



sábado, 15 de maio de 2010

Agasallo do Trasno no Mes das Bibliotecas Escolares

Na semana das Bibliotecas escoalres, o trasniño agradece aos nenos e nenas de Chans a sua colaboración e lles manda un pequeno agasallo. Este video e un marcapáxinas!!