Para pasar un tempiño nestes días de confinamento, gozade desta preciosa historia que a compañeira Zoe Lorenzo compartiu con nós na exposición do álbum ilustrado do mes de febreiro.
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 22 de marzo de 2020
luns, 10 de febreiro de 2020
O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras
O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.
O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar.
O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.
Esperámosvos a todos e a todas!
luns, 24 de xuño de 2019
COMPARTINDO MITOS: ATENEA
Premendo na imaxe poderás ver este vídeo do alumnado de 4º A compartindo o mito de Atenea, deusa da sabiduría, a estratexia e a guerrra, cos nenos e nenas de EI 5 anosAtenea
domingo, 16 de xuño de 2019
COMPARTINDO MITOS:A ODISEA
Os nenos e nenas de 1º de primaria expuxeron aos seus padriños e madriñas de 6º todo o que aprenderon sobre a Odisea durante este curso. Premede na imaxe e comprobaredes que son uns expertos na materia!
mércores, 23 de maio de 2018
"O Principiño", 75 aniversario
Para conmemorar o 75 aniversario da publicación da novela de Antoine de Saint-Exupéry "O Principiño", teremos en BiblioChans unha exposición que poderedes visitar ata final de curso. Contamos cunha chea de exemplares en distintas linguas e con edicións especiais e adaptadas aos máis pequenos. Os libros foron emprestados por varias mestras e alumnos e alumnas da escola, e os materiais expostos foron elaborados polos nenos e nenas de 5 anos, os de 2ºA e o alumnado colaborador da biblioteca.
Tamén podes acceder a contidos online premendo nos seguintes enlaces.
xoves, 7 de maio de 2015
UN MUNDO DE LIBROS
Con motivo da
celebración do Día
Internacional do Libro (23 de abril)
Bibliochans convertiuse “nun punto de encontro” de libros procedentes de distintos países. Todos os nenos e nenas da escola visitamos esta exposición "Un mundo de libros", Que interesante!!
mércores, 26 de outubro de 2011
EXPOROBOT
Xa podedes pasar pola biblioteca para ver a exposición de Robots feitos polo alumnado da clase de Art de 6º. Aproveitade tamén para consultar os libros sobre este tema que temos na nosa biblioteca e animádevos a participar traendo algún se o tedes na casa e o queredes compartir con todos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


