mércores, 23 de maio de 2018

"O Principiño", 75 aniversario

Para conmemorar o 75 aniversario da publicación da novela de Antoine de Saint-Exupéry "O Principiño", teremos en BiblioChans unha exposición que poderedes visitar ata final de curso. Contamos cunha chea de exemplares en distintas linguas e con edicións especiais e adaptadas aos máis pequenos. Os libros foron emprestados por varias mestras e alumnos e alumnas da escola, e os materiais expostos foron elaborados polos nenos e nenas de 5 anos, os de 2ºA e o alumnado colaborador da biblioteca.



Tamén podes acceder a contidos online premendo nos seguintes enlaces.

Ningún comentario:

Publicar un comentario