Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de abril de 2018

23 de abril, Día do Libro

Hoxe, na hora de ler, celebramos o día do libro dun xeito moi especial. Os maiores da escola apadriñaron aos pequenos e agasalláronos coa lectura dun conto escollido por eles mesmos. O bo tempo permitiu que padriños e apadriñados compartisen as súas lecturas nos xardíns da escola. Foi un momento máxico que esperamos repetir máis a miúdo.


martes, 7 de novembro de 2017

Día das BIBES na escola de Chans

Así viviron os nenos e nenas de Chans o día das Bibliotecas Escolares.


mércores, 30 de marzo de 2011

Situación das obras

As obras da biblioteca do cole están chegando ao seu fin!! Xa queda menos para poder disfrutar dela...  Quedan ahí unhas imaxes do proceso de renovación, aínda así, podedes asomar a cabeciña para ver como vai a cousa!

 

sábado, 13 de novembro de 2010

Soños de andel

           No mes de Outubro celebramos o mes das bibliotecas escolares que rematou cun pequeno acto no que os nenos e nenas de 5º nos sorprenderon cunha adaptación ao teatro do libro de Susana Lamela Soños de andel. O seu protagonista, Ani, un libro bastante gordecho e grandullón ao que os nenos e nenas non levan ás súas casas porque pesa moito, quedou na nosa escola para que o enchamos coas nosas historias ao longo do curso.