Amosando publicacións coa etiqueta Con ollos de artista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Con ollos de artista. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xullo de 2017

ARTISTAS EN CHANS

Os pequenos grandes artistas de 2º mostrando os seus talentos




mércores, 17 de maio de 2017

VI CONCURSO DE FOTOGRAFIA CREATIVA

Noraboa a todoas as familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes.

domingo, 14 de maio de 2017

CON BOS OLLOS


.Reflexionamos sobre a importancia de participar voluntariamente e dun xeito altruista nesta proposta coa que intentamos desenvolver condutas prosociais positivas na escola.
.Elaboramos  dous almanaques: un   co mes de decembro co lema “Un Nadal con ollos de amabilidade”, e outro co  mes de maio “Con  bos ollos”. 


SON UN PUNTO. ACÓLLESME?

*   
Acolle a un libro! Unha mirada solidaria cara a realidade que está acontecendo en Siria. O libro “Son un punto” chega as aulas escapando da guerra de Siria. Este libro “vivía” feliz  nunha biblioteca dun colexio de Alepo (capital de Siria) ; cando o colexio quedou destruído por mor das bombas logrou escapar e pasou una tempada nun campo de refuxiados. “Son un punto” comeza unha longa viaxe e despois de moitas aventuras chega ás costas galegas co desexo  de atopar  un colexio para quedarse: Chans é una boa opción. Entre todos temos que atopar  unha solución creativa para que se sinta ben nesta escola. Este foi o resultado: Son un punto.Acóllesme?

venres, 5 de maio de 2017

PASE-ARTE POLO MUSEO DE CHANS

O martes 2 de maio inauguramos oficialmente  o "Museo de Chans" . O corredor do 1º andar transformouse nun Museo moi especial  onde se exhiben un total de quince cadros. Preme na imaxe e accederedes a descubir as marabillas agochadas neste Museo. Invitámosvos a percorrerlo. Descargade nos voos dispositivos móbiles un lector de códigos QR e accederes a estes videos. 

 


E tamen podes percorrerlo con esta guía impresa que atoparedes á entrada do Museo. Preme na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/0B7dgM9IagJHkWVptTHlqWk5IS3M/view

E para rematar a visita, enchemos este formulario




martes, 2 de maio de 2017

DIA DO LIBRO 2017.ABRE OS OLLOS!

Bibliochans sumouse á celebración do Día  do libro con estas propostas.Abre os ollos!
Día do libro 2017

DIA DO LIBRO 2017: CITA A CEGAS

O luns 24 de abril, o alumnado e profesorado de Chans tivemos unha cita a cegas cun libro. Hai libros que están moi sós nos andeis das bibliotecas porque ninguén os quere ler ao xa que non resultan atractivos á vista. As veces xulgamos ás cousas (e as persoas) pola súa apariencia externe. Envolvimos os libros para a ocasión, enchemos un pequeno formularuio cuns datos sobre o mesmo e os intercambiamos.

xoves, 9 de marzo de 2017

CON OLLOS DE MULLER

Para commemorar o Dia Internacional da Muller, os nenos e nenas do CEIP de Chans Bembrive descubrimos disferentes manoifestacións artísticas  a través dos ollos de  quince mulleres galegas.
Ademáis tamen poderás descubrir as manifestacións artísticas de cen mulleres galegas

RECURSOS CON MOITA ARTE

Na web temos moitos recursos que nos axudan a achegarnos á vida e a obra dos nosos pintores. Neste Symbaloo poderás atopar recursos con  moita Arte
Recursos con arte

mércores, 8 de febreiro de 2017

AS CORES DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz os nenos/as de Chans descubrimos que a cor da paz é a cor das emocións que nos fan sentir ben: gratitude, xenerosidade, tranquilidade..Co poder da nosa imaxinacións podemos debuxar a escola que desexamos e enchela de cores luminoss que nos inspiren a ser mellores persoas
As cores da paz

domingo, 15 de xaneiro de 2017

CÓNTAME UN CADRO.

A volta das vacación de Nadal, atopamos un agasallo moi artístico: un museo no primeiro andar!!. O Trasno enviounos unha carta para que atoparamos, coa axuda dun "ollo artístico", o cadro que imos traballar en cada  aula. Preme na imaxe para ler a carta do Trasno.
https://drive.google.com/file/d/0B6RVQUlqQKxBY21QWl9Qc3NhNTA/view?usp=sharing" Ollos artísticos" que chegaron as aulas:

venres, 30 de decembro de 2016

CON OLLOS DE ARTISTA: APRENDENDO A MIRAR

Un bo xeito de comezar un novo ano é aprendendO a "mirar con outros ollos" . Seguro que atoparemos máis de 2017 oportunidades para ser felices. Deixa que a maxia suceda. Feliz 2017!!

mércores, 21 de decembro de 2016

ALMANAQUE 2017:UN ANO DE CORES

https://drive.google.com/file/d/0B_V0-BEziMcfdlBsMVdkQ29CWk0/view?usp=sharing
O ano 2017 vai ser o ano de cores luminosas do cole Chans  que encherán a nosa escola e as nosas vidas  de enerxía e positividade.
Almanaque 2017

martes, 20 de decembro de 2016

CON OLLOS DE NADAL

Vivamos este Nadal con olladas de amor, solidariedade ...e que non falte a alegría!

mércores, 14 de decembro de 2016

AGASÁLLAME UNHA PALABRA!

Como en Nadal a lista de agasallos se multiplican, o Trasno preséntavos unha nova proposta: Agasállame unha palabra!. Como sabedes este curso estamos metido xa de cheo nun novo proxecto chamando "Con ollos de Artista" co que pretendemos achegarnos ao mundo das artes e descubrir o artista que todos levamos dentro. Cada semana unha letra chegará a túa clase e  o que tendes que facer é buscar unha palabra que comece por esa letra (que teña relación co mundo do arte) , definila e facer un debuxo. Podedes pedirlle ás vosas familias que colaboren con vos. Xa veredes cantas novas palabras coñecederes. Animádevos a participar!!

luns, 24 de outubro de 2016

SEMANA BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 de outubro: día das bibliotecas escolares

Coma tódolos anos  esta semana  aproveitámola para abrir as portas da nosa biblioteca para todo o alumnado do colexio.
Sempre intentamos facer unha breve reflexión   sobre o xeito de estar neste lugar tan máxico da escola  e sacarlle o máximo partido como usuarios/as.
Este ano esa formación de usuarios correu a cargo do alumnado integrante do equipo de biblioteca de 6º de primaria, para elo gravaron este vídeo.
O alumnado colaborador da Bibliochans davos unhas pequenas pautas para que poidades movervos pola biblio con soltura.





Despois de recibir a carta do "Trasno Contacontos" visitamos a Biblioteca (segundo horario establecido) e desenvolvemos unha morea de actividades de animación á lectura e formación de usuarios co lema "As cores de Bibliochans"
Tralo visionado do vídeo observamos as cores dos andeis da biblioteca e eliximos o noso favorito.

Deixamos a nosa pegada  na árbore queimada  do "Bosque das Cores Máxicas", elixindo para elo a  cor do noso andel preferido e compartindo as nosas preferencias cos demáis.


Mirade que bonito quedou!
















Queredes ver imaxes da celebración?? Deixámosvos este vídeo