Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado colaborador. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado colaborador. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2020

Presentación: Álbum ilustrado

Podedes acceder á presentación que o alumnado colaborador elaborou para presentar a exposición do álbum ilustrado. Premede na imaxe!





domingo, 22 de marzo de 2020

Imos cazar un oso

Para pasar un tempiño nestes días de confinamento, gozade desta preciosa historia que a compañeira Zoe Lorenzo compartiu con nós na exposición do álbum ilustrado do mes de febreiro.




luns, 10 de febreiro de 2020

O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

Esperámosvos a todos e a todas!

martes, 18 de xuño de 2019

Axudantes que nos deixan...

Hoxe despedimos aos axudantes da biblioteca de 6º de primaria -que mañá marchan de excursión a Manzaneda- cos agasallos que a asesoría de bibliotecas enviou para os participantes no Voluntariado de Lectura-A. Están guapísimos/as e entusiasmados/as coas súas novas camisetas!! Mañá tocaralles aos de 5º, que hoxe estaban nas Illas Cíes de excursión.


martes, 26 de febreiro de 2019

Homenaxeando a Rosalía

Esta semana en Bibliochans, queremos homenaxear a Rosalía de Castro, e que mellor maneira que recitando algúns dos seus poemas máis fermosos. O luns comezaron Noa en Nico de 1º recitando o poema "Vamos bebendo".

mércores, 19 de decembro de 2018

Coidado dos libros


As axudantes da biblioteca están aprendendo a forrar os libros para que non se deterioren tanto co uso. É un traballo delicado, pero o están a facer estupendamente!



martes, 6 de novembro de 2018

Libros que veñen e van

O Trasniño deixou na porta das clases unha caixiña chea de libros da biblioteca para que poidades ler na hora de ler ou nos tempos libres. Boas lecturas!


 

martes, 30 de outubro de 2018

Colabora con BiblioChans!

Os axudantes da biblioteca traballaron a reo durante todo o mes de outubro para que todo estivese preparado para festexar o Día das Bibliotecas Escolares. Aínda estás a tempo de colaborar coa biblioteca. Anímaste?