E a piques de rematar a viaxe polo mundo, o Trasno pediu de novo a nosa colaboración: enviarlle receitas de pratos típicos dos paises que percorreu para convidar a toda a xente que coñeceu. Benvido Trasno a Chans
.
Amosando publicacións coa etiqueta Chans b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chans b>. Amosar todas as publicacións
venres, 19 de xuño de 2015
mércores, 13 de maio de 2015
GUÍA ILUSTRADA DO VIAXEIRO CURIOSO
De novo o Trasno púxose en contacto con nos pedindonos a nosa colaboración. Como esqueceu a súa cámara de fotos no Pouso, pediunos que lle enviaramos imaxes das cousas máis curiosas e chmativas do país que estamos percorrendo. Con todas as nosas achegas faremos unha guía ilustrada para que cando esta viaxe remate, poidamos lembrar a nosa experiencia viaxeira
venres, 27 de marzo de 2015
DIA DA POESÍA: VERSOS E DANZAS VIAXEIROS
A poesía serve para recitar, cantar, bailar, sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.
Premendo na imaxe poderás ler os " nosos versos viaxeiros" . Goza da viaxe:
Premendo na imaxe poderás ler os " nosos versos viaxeiros" . Goza da viaxe:
mércores, 11 de marzo de 2015
MULLERES DO MUNDO
Unha homenaxe a todas as mulleres que contribuíron a cambiar o mundo.
Labels:
Chans,
co mundo nas mans,
muller traballadora,
Proxectos
luns, 26 de xaneiro de 2015
O TRASNO POLO MUNDO
Enmarcada no proxecto integrado deste curso, "Chans, co mundo nas mans" comezamos a nosa viaxe polo mundo. O noso amigo o Trasno enviounos unha postal na que nos di que grazas ao encantamento da bruxa Maruxa é quen de viaxar de aqui para alá nun "chiscar de ollos". Xa sabedes onde está o Trasno?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
