Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de abril de 2018

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo festexouse o día da poesía, e o noso amigo, o Trasno Contacontos, púxose en contacto con nós para propoñernos que nos convirtamos en poetas e poetisas musicais.


A caixa do correo do Trasno espera os vosos poemas! 
Animádevos a participar!

Como inspiración, podedes ler os poemas que o Trasno deixou de agasallo nas diferentes clases. Pertencen ao libro "Queda la música", de Antonio G. Teijeiro.










martes, 30 de xaneiro de 2018

Antonio García Teijeiro visita BiblioChans

Hai uns días, os nenos e nenas de terceiro tiveron a sorte de recibir na nosa biblioteca a Antonio García Teijeiro, autor de "Poemar o mar", Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. Se premedes na imaxe poderedes ver un resumo da súa visita.


mércores, 22 de novembro de 2017

Contra a violencia de xénero, lecturas que nos ensinan a ser IGUAIS

A literatura infantil está chea de libros que nos queren axudar a ser mellores, tanto aos pequenos como aos maiores. Polo día internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, deixamos unha serie de recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca.


  

Preme nos seguintes enlaces para acceder a máis títulos do noso catálogo:




domingo, 25 de maio de 2014

UN RATO CON AUTOR DO "RATO HONORATO"

O día 22 de maio A. García Teijeiro achegouse á escola para pasar un bo rato co alumnado de 2º de primaria que gozaron coa lectura do seu libro "O Rato Honorato"
A. García Teijeiro
Presentación fotos da visita

mércores, 13 de novembro de 2013

POEMA PARA O TRASNO CONTACONTOS

https://www.dropbox.com/sh/2eujca8wmt1bl90/ROEx6RHzYA/chans%20bembrive%20%281%29.jpg
O escritor Miguel Angel Alonso Diz, autor de "O cullarapo Croque" e "A nena á que non deixaban ser feliz" visitou a nosa escola e deixounes un agasallo moi especial: este poema para a nosa mascota sa biblio "O Trasno Contacontos"
Poema para o Trasno









Animovos a ver este videopoema baseado nun texto deste escritor

En Galego - Miguel Ángel Alonso Diz from lavioneta on Vimeo.

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey na RAG


 A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
 Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Fina Casalderrey 

Nova extraída do blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia

xoves, 24 de maio de 2012

VISITAS A BIBLIOCHANS

VISITAS A BIBLIOCHANS on PhotoPeach

luns, 30 de maio de 2011

Carlos Casares

O pasado xoves 26 de maio os nenos e nenas de 5º participaron no Xogo do Papapío, un proxecto didáctico interactivo para valorar e coñecer mellor a figura de Carlos Casares.

 

xoves, 14 de abril de 2011

Marcos Calveiro visita a escola

Os nenos e nenas de 6º curso están a ler "O carteiro de Bagdag" do escritor de Vilagarcía de Arousa Marcos Calveiro e por esta razón veunos visitar. Falounos sobre Bagdad e sobre Iraq, o país do que é capital, e sobre a situación desta zona no pasado e no presente e nos ensinou moitas fotos.

Contounos que a idea do libro lle xurdiu  lendo un xornal do 2004 no que aparecía a imaxe dun carteiro que ía en motocicleta polas rúas de Bagdad. Esperamos que a historia que nos conta o libro resulte tan interesante como a visita do seu autor.