Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de abril de 2023

O mellor invento, o libro

 Na semana do libro pódese visitar na biblioteca a exposición “O libro, o mellor invento do mundo”, realizada coa colaboración do alumnado de 3ºB e o alumnado colaborador da biblioteca. Un percorrido pola evolución do libro, dende as táboas de arxila ata o “e-reader”.










xoves, 7 de maio de 2020

Os nenos e nenas de 3º opinan...

Os nenos e nenas de terceiro, coas súas profes, fixeron este traballo para conmemorar o día do Libro e queren compartilo con todos.


sábado, 25 de abril de 2020

Lecturas e outros imprescindibles en tempos de confinamento

Con todas as fotos e vídeos que lle enviastes, o Trasno Contacontos fixo este vídeo para conmemorar un Día do Libro tan especial. Moitas grazas a todos e todas! Esperamos que vos guste!


xoves, 23 de abril de 2020

Os tres porquiños aviadores

Para festexar este día, os nenos e nenas de 5º B agasallaron á biblioteca con este audioconto que fixeron dende a casa para todos e todas nós. Moitas grazas! 

luns, 20 de abril de 2020

Kit de supervivencia en tempos de confinamento

O Trasno Contacontos envíanos unha carta cunha proposta para o día do libro, o 23 de abril
A ver se nos animamos todos/as a participar!



luns, 22 de abril de 2019

Día do Libro 2019

O equipo e os axudantes da biblioteca queren desexarvos un feliz Día do Libro con este vídeo.

Preme na imaxe.




Para acceder ao díptico que a Consellería de Educación elaborou para conmemorar o Día do Libro 2019, preme na imaxe. Nesta ocasión, faino cun fermoso poema cedido por 

A lectura, unha viaxe ao fondo das preguntas


xoves, 26 de abril de 2018

Érase unha vez... contos que soan ben!

Durante toda a semana, e continuando coa celebración do día do libro, os nenos e nenas da escola deixaron no libro xigante da entrada un post-it co título do seu libro favorito da nosa biblioteca. Aproveitade para coñecer novas lecturas e ver os contos que lles interesan aos vosos compañeiros e compañeiras!

Felices lecturas!



luns, 23 de abril de 2018

23 de abril, Día do Libro

Hoxe, na hora de ler, celebramos o día do libro dun xeito moi especial. Os maiores da escola apadriñaron aos pequenos e agasalláronos coa lectura dun conto escollido por eles mesmos. O bo tempo permitiu que padriños e apadriñados compartisen as súas lecturas nos xardíns da escola. Foi un momento máxico que esperamos repetir máis a miúdo.


luns, 24 de abril de 2017

ESPECIAL DIA DO LIBRO

Aquí tendes cinco curtametraxes para animarte a ler.


martes, 12 de abril de 2016

xoves, 7 de maio de 2015

UN MUNDO DE LIBROS

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril)    Bibliochans  convertiuse “nun  punto de encontro” de  libros procedentes de distintos países. Todos os nenos e nenas da escola visitamos esta exposición "Un mundo de libros", Que interesante!!


martes, 22 de abril de 2014

23 de abril, día do Libro

Para festexar o día do libro teño preparada unha sorpresa .Mentres tanto...A ler! 

Para celebrar o Día Mundial do libro PAULA CARBALLEIRA agasalla con este texto ás Bibliiotecasa Escolares de Galicia 

SÓ UN LIBRO

 Non sei que facer. Miña irmá regaloume un libro.
 Un libro. Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este. 
Un libro. Por que? Que lle fixen eu? 
Míroo e remíroo. Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos. 
Nada. É só un libro. aréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
 Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo... 
A ver se así reacciona. Non. Que vai reaccionar! 
Espera. O libro espera. 
Non se decata de que son máis forte ca el. 
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio. 
Se cadra estase rindo de min.
 Crerase moi importante por ser un libro. 
Vouno abrir. 
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade. 
Vaia! Non está nada mal. Empézame a caer simpático. 
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo. 
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
 Era xusto o que eu quería. 
Un libro.
 Este libro
It´s a book! (¡Es un libro!) por Filologa

CONTA COMIGO. by rosavarela

luns, 21 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO

O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor (World Book and Copyright Day) celébrase todos os anos o 23 de Abril. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.Invitoche a gozar da lectura deste libro "Manual de Hadas"

martes, 24 de abril de 2012

DIA DO LIBRO 2012: CÓNTAME UN CONTO

Dende Bibliochans invitámosvos a celebrar o Día do libro connosco:

venres, 8 de abril de 2011

Made in galiza: libro forum

Estimados pais/nais/avós/avoas...: dentro das actividades de FOMENTO DA LECTURA e coincidindo co mes das Letras Galegas (17 de maio) os Equipos de Dinamización da Biblioteca e Dinamización Lingüística propoñen un LIBRO FORUM.

Esta actividade consiste en que todos os participantes len o mesmo libro e o día que se lles comunique reunirémonos todos para falar do libro e de todo o que nos suxire.

O libro escollido é “Made in Galiza" de Sechu Senlle. Coidamos que é un libro moi interesante e sinxelo na súa lectura.

Aquelas persoas que o desexen poden pedir o libro en Secretaría. Agradecémosvos que nolo devolvades cando rematedes a súa lectura para que o poidan ler outros pais e nais.


ANIMÁDEOS E PARTICIPADE!

domingo, 16 de maio de 2010

AS LINGUAS CONTAN

“Os libros fannos viaxar e soñar en calquera lugar”

Hoxe inauguramos a Exposición cos libros que os nenos, nenas, mestres e mestras do cole trouxeron á escola para axudar ó Trasno contacontos a sorprender á Trasna Carolina. Seguro que a Trasna queda abraiada cando vexa a cantidade de linguas diferentes que conseguimos xuntar!!!

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!