Amosando publicacións coa etiqueta #euquedonacasa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #euquedonacasa. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2020

DIA DO MEDIO AMBIENTE:ECOARTE

Para  celebrar o “Día do Medio Ambiente” (5 de xuño) o alumnado de 4º, 5º e 6º  de Chans enviaron, dende as súas casas, estas expresións de arte ecolóxica propostas na clase de Art . Unha boa mostra de cómo nos vinculamos coa natureza e cos problemas que afectan ao noso  planeta a través da interpretación do medio ambiente utilizando a  fotografía, pintura, danza, literatura... Parabéns artistas! 


domingo, 17 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

Como homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero, a profe Carmen preséntanos o conto "As pitas baixo a choiva". Que o desfrutedes!! 

Preme na imaxe para acceder ao vídeo


Podedes acceder aunha chea de actividades no blogue de Normalización lingüística da escola

17 de maio

Feliz día das Letras Galegas!


xoves, 7 de maio de 2020

Os nenos e nenas de 3º opinan...

Os nenos e nenas de terceiro, coas súas profes, fixeron este traballo para conmemorar o día do Libro e queren compartilo con todos.


domingo, 3 de maio de 2020

Luis Vallecillo - Cantamos?


Luis Vallecillo pon a disposición das escolas o seu traballo "¿Cantamos?" Premendo na imaxe poderedes acceder a todas ao libro e a todas as cancións que o acompañan. 

Moitas grazas!!

sábado, 25 de abril de 2020

Lecturas e outros imprescindibles en tempos de confinamento

Con todas as fotos e vídeos que lle enviastes, o Trasno Contacontos fixo este vídeo para conmemorar un Día do Libro tan especial. Moitas grazas a todos e todas! Esperamos que vos guste!


xoves, 23 de abril de 2020

Os tres porquiños aviadores

Para festexar este día, os nenos e nenas de 5º B agasallaron á biblioteca con este audioconto que fixeron dende a casa para todos e todas nós. Moitas grazas! 

luns, 20 de abril de 2020

Kit de supervivencia en tempos de confinamento

O Trasno Contacontos envíanos unha carta cunha proposta para o día do libro, o 23 de abril. 
A ver se nos animamos todos/as a participar!



venres, 17 de abril de 2020

Lecturas ANAYA en castelán

Anaya tamén pon a disposición dos máis lectores cinco libros en castelán para ler online de xeito gratuito. Preme nas portadas para acceder.






xoves, 2 de abril de 2020

Máis lecturas online



Baía Edicións pon á nosa disposición 10 libros en galego para todas as idades que podedes descargar e ler na casa gratuitamente. Algúns deles teñen moito éxito na nosa biblioteca. Aproveitade a oportunidade e gozade de novas lecturas! 


Preme na imaxe para acceder ao enlace

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

martes, 31 de marzo de 2020

Galicia Le


Debido á pandemia e para axudar a levar mellor o confinamento, a Rede de bibliotecas públicas de Galicia pon a disposición de todos e todas a plataforma de préstamo en formato electrónico. Só precisades rexistrarvos e ese rexistro será válido ata 30 días dende o remate do confimamento. 

Premede na imaxe e accederedes a toda a información. 



Contos mindfulness para todos/as

Pack 3 cuentos ilustrados: Berta, Carlota y Eviruli | Gemma Sánchez Deixamos un enlace a un montón de videocontos mindfulness de Gemma Sánchez. Hainos para todas as idades e veñen acompañados dalgunhas actividades e xogos que podedes facer en familia despois de escoitar e ver conto. 

luns, 30 de marzo de 2020

Os mestres e mestras de Chans quedan na casa!


Os mestres e mestras de Chans querémosvos enviar unha mensaxe de apoio e ánimo para estes días tan difíciles. Estamos desexando volver á escola e poder vervos a todos e todas! Biquiños e apertas

#chansquedanacasa

sábado, 28 de marzo de 2020

Lecturas online

A editorial Xerais pon a disposición dos lectores máis novos tres títulos de literatura infantil. Aproveitade a ocasión para coñecelos!

 Feliz feroz El Hematocrítico, a partir de 6 anos.

 Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa, a partir de 8 anos

  Vaia tropa, Antón Cortizas, a partir de 9 anos

Contos sobre o COVID-19


Para saber máis sobre este virus, podedes botarlle unha ollada a estes dous contos.




Que é o coronavirus?

Que é o coronavirus? Unha explicación sinxela para todas as idades no seguinte vídeo.





Tamén deixamos aquí información básica con pictogramas. Preme na imaxe.




domingo, 22 de marzo de 2020

Imos cazar un oso

Para pasar un tempiño nestes días de confinamento, gozade desta preciosa historia que a compañeira Zoe Lorenzo compartiu con nós na exposición do álbum ilustrado do mes de febreiro.




sábado, 21 de marzo de 2020

21 de marzo, Día da poesía

Polo día da poesía, deixamos un poema de Antonio García Teijeiro, que tantas veces pasou pola escola para agasallarnos con preciosas lecturas que nos deixan sempre engaiolados.

Ao mellor, ese piano que escoitamos cando saímos á ventá a respirar algo de aire durante estes días de encerro, é o piano do que fala o poema e son as manciñas da Lúa as que o tocan. Quen sabe?



"Cacarabín, cacarabón" 
Antonio García Teijeiro

Ilustracións: Teo Puebla

domingo, 15 de marzo de 2020

Ilustracións para colorear

Para pasar estes días de illamento da mellor maneira, Nuria Díaz, unha das nosas ilustradoras favoritas, pon á nosa disposición unha manchea de ilustracións para colorear. Preme na imaxe para acceder.

#euquedonacasa