Deixamos un enlace a un montón de videocontos mindfulness de Gemma Sánchez. Hainos para todas as idades e veñen acompañados dalgunhas actividades e xogos que podedes facer en familia despois de escoitar e ver conto.
Amosando publicacións coa etiqueta En Chans contamos todos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta En Chans contamos todos b>. Amosar todas as publicacións
martes, 31 de marzo de 2020
Contos mindfulness para todos/as
Deixamos un enlace a un montón de videocontos mindfulness de Gemma Sánchez. Hainos para todas as idades e veñen acompañados dalgunhas actividades e xogos que podedes facer en familia despois de escoitar e ver conto.
Labels:
#euquedonacasa,
contos,
Emotichans,
En Chans contamos todos
luns, 30 de marzo de 2020
Os mestres e mestras de Chans quedan na casa!
Os mestres e mestras de Chans querémosvos enviar unha mensaxe de apoio e ánimo para estes días tan difíciles. Estamos desexando volver á escola e poder vervos a todos e todas! Biquiños e apertas
#chansquedanacasa
sábado, 28 de marzo de 2020
Lecturas online
A editorial Xerais pon a disposición dos lectores máis novos tres títulos de literatura infantil. Aproveitade a ocasión para coñecelos!
venres, 20 de maio de 2016
ARTISTAS EN CHANS 3
Hoxe gozamos de novo con novas actuacións en bibliochans!
Esta vez con artistas de 4ºA, xa que tivemos a ausencia de Nerea, que se puxo maliña pola maña, unha magoa!
En primeiro lugar actuaron Carolina e Lara, bailando a canción "De que che vale"
ARTISTAS EN CHANS 2
Xa podedes ver a segunda tanda das actuacións destes grandes artistas que temos na nosa escola. Aquí están as gravacións realizadas polo alumnado do obradoiro de xornalismo do pasado 29 de abril.

En primeiro lugar tendes a Paula e Laura de 4ºB que prepararon este baile da canción "Estou ledo".
A continuación gozamos co "Trombon Celtista de Roi González de 4ºA.
Por último, quedamos sorprendidos co grande talento de Paula de 3ºB, tanto coa súa voz como polo súa arte tocando a pandeireta.
Graciñas a todos e todas!
luns, 25 de abril de 2016
ARTISTAS EN CHANS 1
Xa podedes ver as primeiras actuacións dos nosos artistas. Grazas a todos por acudir a bibliochans o venres día 15 de abril.

Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA: Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.

Aqui tendes a última actuación do día,
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.

Os primeiros en actuar foron os bailarins de break dance de 3ºA: Amín, Breixo, Dani e Miki. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Podedes gozar vendo ao trio pola paz: Eire, Lucía e Paula de 4ºA, que nos ofreceron esta bonita adaptación "Imaxina". Preme na imaxe e sorpréndete do grande talento de Chans.
Aqui tendes a última actuación do día,
Antonio de 4ºA, interpretando o Pasodobre de pastoriza co seu saxo. Preme na imaxe para gozar coa música.
mércores, 13 de abril de 2016
CONTAMOS POESÍA
O Trasno Contacontos e a Matemaga Lucinda convidánnos a mesturar poesía con números....Maquinade, engadide un chisco de imaxinación e mandade as vosas creaccións á caixa de correo de Bibliocháns antes do 13 de maio.
martes, 8 de marzo de 2016
OS DE 6º CONTAN
Na clase de Art, os nenos/as de 6º fixeron estes retratos de plastelina baseados na técnica de Barbara Reid, "Os de 6º contan":
mércores, 11 de novembro de 2015
OS MARTESMÁXICOS E OS VENRESPONDE
A Mate-Trasna Lucinda anímavos a participar todos os Martes e os Venres no concurso "Os MartesMáxicos e os VenResponde" con propostas matemáticas prácticas e divertidas. Se queredesparticipar lede moi ben no panel o enigma, xeroglífico, adiviña...., maquinade e cando teñades a resposta depositádea na Caixa de Correo do Trasno. Haberá sorpresaassss!
BENVIDOS A BIBLIOCHANS 2015
Bibliochans quixo sumarse a celebración da Semana de Bibliotecas escolares, abrindo as súas portas este curso cunha morea de actividades de animación á lectura. A Matetrasna Lucinda acompañounos nestas xornadas. Todos/as os nenos e nenas de Chans achegáronse á Biblioteca e participaron animadamente das actividades propostas porque en "Chans contamos todos/as"
sábado, 31 de outubro de 2015
EN CHANS CONTAMOS TODOS/AS
Bibliochans comeza unha nova andaina cun interesante proxecto integrado:"En Chans contamos todos/as" co que pretendemos mellorar a competencia matematica, a oralidade, e a convivencia . O noso amigo Contacontos mandou a súa primeira carta deste curso na que pide a vosa colaboración: enviar contos matemáticos para agasallar á "Matetrasna "Lucinda.
Carta do Trasno
Carta do Trasno
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







