Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de abril de 2021

CONTACONTOS: ALUMNADO IES CARLOS CASARES

 

Estes días estamos a celebrar a festa dos libros. Outros anos o alumnado do IES Carlos Casares achegábase á escola para compartir connosco lecturas especiais. Este ano as cicunstancias mudaron pero  quixeron asomarse  á  fiestra tecnolóxica  para deixarnos estes contos cheos de emocións: "Tú eres  un cielo azul","Qué haces con un problema", "Los archivos secretos de Escarlatina" "Simbo y el rey hablador" "El patito miedoso", "Infortunios cotidianos" Moitas grazas por axudarnos a medrar. Contacontos 


martes, 20 de abril de 2021

CONTACONTOS: BIBLIOTECA NEIRA VILAS

 As circunstancias especiais deste  curso impediron visitar á nosa biblioteca de referencia (Neira Vilas) . Porén Mar e Noemí, trouxeron á escola de Chans unha moi boa selección de contos que compartiron con nós "ao fresco". Moitas grazas po axudarnos a ser"villanos"!!

Acceso aos contos



venres, 4 de decembro de 2020

O CONTO DO PATIO 5

 O mes de Decembro trouxo  unha nova actividade de Bibliochans na que  "o  patio 5" é o que máis conta. Grazas ao alumnado voluntario que comparte lecturas cos demáis  para facer que o tempo de lecer  sexa  máis máxico.
O conto do patio 5


mércores, 17 de xuño de 2020

CONTOS CHEOS DE AMOR

O alumnado de 6º deixaron na nosa biblio unha agasallo de despedidaq: estas recreacións de dous contos cheos de amor e sensibilidade- "Te quiero casi siempre" de Anna LLenas e "Adivina cuanto te quiero"de Sam McBratney. Con eles queren expresar o seu agradecemento por tantas emocións vividas nesta escola ao longo da súa escolaridade. Nos tamen querémosvos. Moita sorte compañeiros/as.



domingo, 17 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

Como homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero, a profe Carmen preséntanos o conto "As pitas baixo a choiva". Que o desfrutedes!! 

Preme na imaxe para acceder ao vídeo


Podedes acceder aunha chea de actividades no blogue de Normalización lingüística da escola

martes, 31 de marzo de 2020

Contos mindfulness para todos/as

Pack 3 cuentos ilustrados: Berta, Carlota y Eviruli | Gemma Sánchez Deixamos un enlace a un montón de videocontos mindfulness de Gemma Sánchez. Hainos para todas as idades e veñen acompañados dalgunhas actividades e xogos que podedes facer en familia despois de escoitar e ver conto. 

domingo, 22 de marzo de 2020

Imos cazar un oso

Para pasar un tempiño nestes días de confinamento, gozade desta preciosa historia que a compañeira Zoe Lorenzo compartiu con nós na exposición do álbum ilustrado do mes de febreiro.




mércores, 31 de outubro de 2018

Os libros que queremos

Hoxe é o último día para deixar a túa recomendación. Se queres suxerir que a biblioteca merque ese libro que che encantou para que todos os nenos e nenas da escola o poidan ler, corre a anotalo e metelo na caixa!

    

luns, 15 de outubro de 2018

Elmer

Como broche final da visita de Bea Campos, os nenos e nenas de infantil están a traballar con Elmer, o elefante máis famoso da biblioteca. Estalles a quedar precioso!



Bea Campos

A semana pasada visitou a nosa biblioteca Bea Campos, unha das nosas contadoras favoritas que, ademáis, veu cargada de cancións e acompañada por un guitarrista excepcional! Os nenos e nenas de infantil gozaron moitísimo e marcharon encantados!


domingo, 17 de xaneiro de 2016

O PODER DAS PALABRAS

Aquí tendes uns videocontos que falan da importancia de utilizar as palabras axeitadas, porque teñen un enorme poder.

venres, 30 de outubro de 2015

CONTOS MATEMÁTICOS

O día 20 de abril, o alumnado do IES Carlos Casares, moitos deles antigos alumnos/as da escola, visitaron aos nenos e nenas de EI para contarlles unha serie de contos que teñen que ver coas matemáticas, porque como ben sabedes, o lema deste ano elixido pola Rede de Bibliotecas escolares de Galicia é  Biblioteca escolar...matemático



mércores, 27 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. O legado das autoras e ilustradoras pioneiras na creación de álbums sobre igualdade e coeducación, aínda vixente.
Actividades LIM: Historia dos bonobos con gafas

ANTIA, WAMBA E O REGATO PEQUENO

Grazas a Campaña "A nosa pegada Impórtanos" podemos gozar deste maravilloso espectáculo na nosa escola no que rimos, xogamos, bailamos e sobre todo achegámosnos a partir de catro coontos a outras realidades das que todos e todas somos responsables.

mércores, 1 de xuño de 2011

A historia de Curro

Sara de 2ºA escribiu unha preciosa historia que qixo compartir con todos e todas.

mércores, 4 de maio de 2011

Os lunares de Lola

O alumnado de 4º-B adaptou o libro de "Os lunares de LOla" das autoras Raquel Martínez e Xoana Alvarez, editado por Triqueta verde.