Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2020

xoves, 2 de abril de 2020

sábado, 21 de marzo de 2020

21 de marzo, Día da poesía

Polo día da poesía, deixamos un poema de Antonio García Teijeiro, que tantas veces pasou pola escola para agasallarnos con preciosas lecturas que nos deixan sempre engaiolados.

Ao mellor, ese piano que escoitamos cando saímos á ventá a respirar algo de aire durante estes días de encerro, é o piano do que fala o poema e son as manciñas da Lúa as que o tocan. Quen sabe?



"Cacarabín, cacarabón" 
Antonio García Teijeiro

Ilustracións: Teo Puebla

luns, 10 de febreiro de 2020

Galería de imaxes: Unha imaxe vale máis que mil palabras

Preme na imaxe e poderás ver as fotografías da exposición.


 Galería de imaxes

O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

Esperámosvos a todos e a todas!

Poesía e danza pola PAZ

O día 30 de xaneiro festexamos na escola o día escolar pola Paz e a non-violencia. Durante toda a semana,  lemos e comentamos nas aulas o poema "Poderías", de Joana Raspall e practicamos a danza da Paz de María José Sánchez Parra. 

O xoves 30 xuntámonos na hora de ler para conmemorar esta data tan especial recitando o poema entre toda a escola e bailando a danza todos xuntos. Foi un acto moi emotivo no que gozamos dun momento de paz entre o ruido que atopamos no día a día.






luns, 22 de abril de 2019

Día do Libro 2019

O equipo e os axudantes da biblioteca queren desexarvos un feliz Día do Libro con este vídeo.

Preme na imaxe.




Para acceder ao díptico que a Consellería de Educación elaborou para conmemorar o Día do Libro 2019, preme na imaxe. Nesta ocasión, faino cun fermoso poema cedido por 

A lectura, unha viaxe ao fondo das preguntas


martes, 26 de febreiro de 2019

Homenaxeando a Rosalía

Esta semana en Bibliochans, queremos homenaxear a Rosalía de Castro, e que mellor maneira que recitando algúns dos seus poemas máis fermosos. O luns comezaron Noa en Nico de 1º recitando o poema "Vamos bebendo".

xoves, 26 de abril de 2018

Érase unha vez... contos que soan ben!

Durante toda a semana, e continuando coa celebración do día do libro, os nenos e nenas da escola deixaron no libro xigante da entrada un post-it co título do seu libro favorito da nosa biblioteca. Aproveitade para coñecer novas lecturas e ver os contos que lles interesan aos vosos compañeiros e compañeiras!

Felices lecturas!



luns, 23 de abril de 2018

23 de abril, Día do Libro

Hoxe, na hora de ler, celebramos o día do libro dun xeito moi especial. Os maiores da escola apadriñaron aos pequenos e agasalláronos coa lectura dun conto escollido por eles mesmos. O bo tempo permitiu que padriños e apadriñados compartisen as súas lecturas nos xardíns da escola. Foi un momento máxico que esperamos repetir máis a miúdo.


martes, 3 de abril de 2018

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo festexouse o día da poesía, e o noso amigo, o Trasno Contacontos, púxose en contacto con nós para propoñernos que nos convirtamos en poetas e poetisas musicais.


A caixa do correo do Trasno espera os vosos poemas! 
Animádevos a participar!

Como inspiración, podedes ler os poemas que o Trasno deixou de agasallo nas diferentes clases. Pertencen ao libro "Queda la música", de Antonio G. Teijeiro.










mércores, 7 de marzo de 2018

O nacemento do DRAGÓN

Xa case está rematado o dragón coas escamas de todos e cada un dos nenos/as e mestres/as da escola. Como aprendemos o día da Paz, coa historia narrada no libro "O nacemento do dragón", este animal lexendario representa a unidade dos pobos da China e, do mesmo xeito, o noso dragón representará a unidade e a paz entre todas as aulas de Chans.






martes, 30 de xaneiro de 2018

Día da Ilustración

Desde o ano 2014, o 30 de xaneiro celébrase en Galicia o Día da Ilustración. Escolleuse esta data porque se corresponde co aniversario do nacemento de Castelao. Este ano homenaxéase a Camilo Díaz Baliño, escenógrafo, debuxante e cartelista.

Máis información na web http://www.diadailustracion.gal/

mércores, 22 de novembro de 2017

Contra a violencia de xénero, lecturas que nos ensinan a ser IGUAIS

A literatura infantil está chea de libros que nos queren axudar a ser mellores, tanto aos pequenos como aos maiores. Polo día internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, deixamos unha serie de recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca.


  

Preme nos seguintes enlaces para acceder a máis títulos do noso catálogo:




domingo, 12 de novembro de 2017

Novembro, mes da Ciencia nas Bibliotecas

Dende o ano 2014 a consellería ven propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A matermática Pregrina Quintela Estévez, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.

Se queres saber máis sobre este mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares, preme na imaxe.


xoves, 18 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



https://www.symbaloo.com/mix/chansconrosalia1
Coma en anos anteriores, as bibliotecas escolares galegas súmanse á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" de todos os galegos/as- Neste 2016 cúmprense os 153 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. Bibliochans quere sumarse a esta homenaxe.

martes, 1 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Comeza abril cunha data moi especial para lembrar a importancia de ofrecer libros de calidade aos nenos e nenas: 2 de abril "Día Internacional do libro infantil" que se celebra en conmemoración do nacemento de Andersen. Dia do libro infantil.

martes, 23 de abril de 2013

Día do libro

"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".


(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)



domingo, 25 de novembro de 2012

25 de Novembro

No día contra a violencia de xénero, unha historia que denuncia a discriminación da muller e combate os estereotipos sexistas.

mércores, 26 de outubro de 2011

O SAMAÍN

O Samaín chegou á biblioteca!!! Xa tedes unha selección de libros de monstros, bruxas, fantasmas... no expositor da entrada e uns versos terroríficos de Gloria Sánchez no panel da porta da biblioteca.

O SAMAÍN - presentacion imagenes