venres, 26 de maio de 2023

luns, 17 de abril de 2023

O mellor invento, o libro

 Na semana do libro pódese visitar na biblioteca a exposición “O libro, o mellor invento do mundo”, realizada coa colaboración do alumnado de 3ºB e o alumnado colaborador da biblioteca. Un percorrido pola evolución do libro, dende as táboas de arxila ata o “e-reader”.










martes, 21 de marzo de 2023

Benvida primavera!

 Recibimos á primavera cantando e recitando poesías sobre o horto escolar. Xa podemos comenzar a plantar!




luns, 6 de febreiro de 2023

Leonardo da Vinci e o Correo Temporal

 Leonardo da Vinci púxose en contacto con nós dende o Renacemento a través do Correo Temporal. Comezamos o novo proxecto!



mércores, 25 de xaneiro de 2023

xoves, 3 de novembro de 2022

O Trasno visita a Biblioteca Neira Vilas

 Para festexar a Semana das bibliotecas, o Trasno Contacontos viaxou á biblioteca Neira Vilas e quedou por alí a pasar unha semana descubrindo novas lecturas. Para darse a coñecer, levou os libros nos que antigos alumnos e alumnas de Chans contaron a súa historia e unha carta de presentación. Di que o pasou bomba e que coñeceu xente moi interesante!




mércores, 2 de novembro de 2022

Scape Room na biblioteca

A bruxa Feiticeira encerrou cun feitizo  os nosos carnés lectores nun cofre pechado cun candeado. Menos mal que os nenos e nenas de Chans foron agudos e conseguiron pasar todas as probas para descifrar o código de catro números e abrilo! Vese que coñecen ben a biblioteca!







martes, 1 de novembro de 2022

Gañadores/as do concurso de relatos

O xurado levou un duro traballo a escolher os tres relatos gañadores. Foron moitos/as os/as participantes e moi bos os relatos presentados, pero os gañadores e gañadoras son...


Brais  (5º)

Ana Carlota (6º)

Celeste (6º)



Parabéns!

luns, 31 de outubro de 2022

Semana das bibliotecas escolares

 Este curso tivemos unha terrorífica semana das bibliotecas escolares coincidindo coa chegada do Samaín. Fixemos obradoiros de manualidades e maquillaxe e participamos nun scape room para rescatar os nosos carnés lectores!