Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de marzo de 2023

Benvida primavera!

 Recibimos á primavera cantando e recitando poesías sobre o horto escolar. Xa podemos comenzar a plantar!




sábado, 21 de marzo de 2020

21 de marzo, Día da poesía

Polo día da poesía, deixamos un poema de Antonio García Teijeiro, que tantas veces pasou pola escola para agasallarnos con preciosas lecturas que nos deixan sempre engaiolados.

Ao mellor, ese piano que escoitamos cando saímos á ventá a respirar algo de aire durante estes días de encerro, é o piano do que fala o poema e son as manciñas da Lúa as que o tocan. Quen sabe?



"Cacarabín, cacarabón" 
Antonio García Teijeiro

Ilustracións: Teo Puebla

martes, 3 de abril de 2018

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo festexouse o día da poesía, e o noso amigo, o Trasno Contacontos, púxose en contacto con nós para propoñernos que nos convirtamos en poetas e poetisas musicais.


A caixa do correo do Trasno espera os vosos poemas! 
Animádevos a participar!

Como inspiración, podedes ler os poemas que o Trasno deixou de agasallo nas diferentes clases. Pertencen ao libro "Queda la música", de Antonio G. Teijeiro.










venres, 27 de marzo de 2015

DIA DA POESÍA: VERSOS E DANZAS VIAXEIROS

A poesía serve para recitar,  cantar, bailar,  sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos  dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.


Premendo na imaxe poderás ler os " nosos versos viaxeiros" . Goza da viaxe:


domingo, 22 de marzo de 2015

DIA DA POESÍA:21 MARZO

http://es.scribd.com/doc/213365101/CINCO-MOTIVOS-PARA-LER-POESIA-1
Nesta data queremos facer unha homenaxe a aquelas persoas que nos emocionan cosendo palabras para formar rimas e versos.
 Porque os poemas son como caixas de ferramentas: valen para todo!
 5 Motivos para ler poesía
Soplacoplas
Recursos da Rede de Bibliotecas escolares