Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de xuño de 2022

Booktubers

 O alumnado de 5º está a traballar nun proxecto xenial! Xa podedes gozar dos seus booktubers e coller ideas de lecturas interesantes para este verán.


EL CERDITO DE NAVIDAD (Lola)

CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES (Yanira)

SECRETOS DE LA NATURALEZA (Mateo)

AMANDA BLACK (Ana Carlota)

LOS GALOPES (Lucía)

LOS COMPAS Y EL DIAMANTITO LEGENDARIO (Hugo Cabaleiro)

HARRY POTTER Y EL PRISIONERO DE AZKABAN (Olivia)

QUIN DESASTRE D'ANIVERSARI! (Isabella)

EL PAN DE LA GUERRA (Stella)

LOS COMPAS PERDIDOS EN EL ESPACIO (Edu)

POLICAN (Hugo cuadrado)

DRAGON BALL (Roque)

HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL (Makira)

WIGETTA Y LOS SECRETOS DEL CUERPO HUMANO (Xacobe)

DIARIO DE GREG: FRÍO FATAL (Lucas)

MINECRACK Y LA ESTRELLA MALDITA (Diego)

LA BICICLETA (Hugo Rodríguez)



domingo, 3 de maio de 2020

Luis Vallecillo - Cantamos?


Luis Vallecillo pon a disposición das escolas o seu traballo "¿Cantamos?" Premendo na imaxe poderedes acceder a todas ao libro e a todas as cancións que o acompañan. 

Moitas grazas!!

venres, 17 de abril de 2020

Lecturas ANAYA en castelán

Anaya tamén pon a disposición dos máis lectores cinco libros en castelán para ler online de xeito gratuito. Preme nas portadas para acceder.






xoves, 2 de abril de 2020

Máis lecturas online



Baía Edicións pon á nosa disposición 10 libros en galego para todas as idades que podedes descargar e ler na casa gratuitamente. Algúns deles teñen moito éxito na nosa biblioteca. Aproveitade a oportunidade e gozade de novas lecturas! 


Preme na imaxe para acceder ao enlace

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

sábado, 28 de marzo de 2020

Lecturas online

A editorial Xerais pon a disposición dos lectores máis novos tres títulos de literatura infantil. Aproveitade a ocasión para coñecelos!

 Feliz feroz El Hematocrítico, a partir de 6 anos.

 Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa, a partir de 8 anos

  Vaia tropa, Antón Cortizas, a partir de 9 anos

domingo, 22 de marzo de 2020

Imos cazar un oso

Para pasar un tempiño nestes días de confinamento, gozade desta preciosa historia que a compañeira Zoe Lorenzo compartiu con nós na exposición do álbum ilustrado do mes de febreiro.




luns, 10 de febreiro de 2020

O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

Esperámosvos a todos e a todas!

xoves, 20 de decembro de 2018

A Xaneliña

Premede para acceder á Xaneliña con recomendacións de lecturas para este Nadal!

https://drive.google.com/file/d/1kQD1_mSQ2KJeBAUGMLBpcFg7yMTYTkzj/view?usp=sharing

martes, 6 de novembro de 2018

Os libros que queremos II

Que cantidade de suxestións había na caixa!! O trasniño vai ter moito traballo, pero esperemos que poida atendelas todas. Os libros que queredes e que xa están na biblioteca están no expositor da columna. Pronto estarán dispoñibles para o préstamo. 


 

luns, 15 de outubro de 2018

Bea Campos

A semana pasada visitou a nosa biblioteca Bea Campos, unha das nosas contadoras favoritas que, ademáis, veu cargada de cancións e acompañada por un guitarrista excepcional! Os nenos e nenas de infantil gozaron moitísimo e marcharon encantados!


mércores, 23 de maio de 2018

"O Principiño", 75 aniversario

Para conmemorar o 75 aniversario da publicación da novela de Antoine de Saint-Exupéry "O Principiño", teremos en BiblioChans unha exposición que poderedes visitar ata final de curso. Contamos cunha chea de exemplares en distintas linguas e con edicións especiais e adaptadas aos máis pequenos. Os libros foron emprestados por varias mestras e alumnos e alumnas da escola, e os materiais expostos foron elaborados polos nenos e nenas de 5 anos, os de 2ºA e o alumnado colaborador da biblioteca.



Tamén podes acceder a contidos online premendo nos seguintes enlaces.

mércores, 22 de novembro de 2017

Contra a violencia de xénero, lecturas que nos ensinan a ser IGUAIS

A literatura infantil está chea de libros que nos queren axudar a ser mellores, tanto aos pequenos como aos maiores. Polo día internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, deixamos unha serie de recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca.


  

Preme nos seguintes enlaces para acceder a máis títulos do noso catálogo:




domingo, 14 de febreiro de 2016

CONTOS PARA O LER "O DIA DO AMOR"

Uns agasallos para celebrar "O día do Amor" só ou en compañía: "Contos silenciosos" de Benjamin Lacombe e "Así es mi corazón" de Jo Witek

martes, 10 de febreiro de 2015

domingo, 14 de decembro de 2014

LA GRAN PREGUNTA

O gato, o panadeiro, a avoa, un piloto, unha pedra, un pato, moitos máis, e ao final, a mamá. Todos achegan a súa propia resposta á gran pregunta. Quen a fai? Un neno, probablemente. E cada un, ao crecer, atopará novas respostas.
La gran pregunta

martes, 1 de abril de 2014

BICOS!

Dende Bibliochans queremos comezar o mes de abril (mes dos libros) deixándovos "Bicos"

domingo, 23 de febreiro de 2014

MANUAL DE PIRATAS

A ilustradora Mónica Carretero deixanos este "Manual de Piratas" que vos dará algunha idea para  vivir trepidantes aventuras neste Entroido

mércores, 7 de novembro de 2012

Gerónimo Stilton visita Vigo

Recibimos novas de Gerónimo Stilton no correo da biblio!! Déixovos a carta para que a leades e vos animedes a visitalo!


Querid@ ratosoci@, 


¿Cómo estás? Yo, como siempre, de queso fundido hasta el cuello pero he decidido tomarme un descansillo. Así que, he decidido viajar a… Vigo para poder disfrutar de la ciudad y firmar tus ejemplares preferidos de mis libros. ¿Verdad que te zumban los bigotes de emoción sólo de pensarlo?

Si vives en esta ciudad o alrededores y quieres conocerme, coge papel y lápiz y apunta bien las coordenadas para poder encontrarme:

Sábado 10 de noviembre
Casa del Libro Vigo
Calle Velázquez Moreno, 27
36203 Vigo

HORARIO: 18:30h a 20:30h


¡Por mil quesos de bola, espero verte los bigotes! 

Palabra de Stilton,



 

venres, 27 de xaneiro de 2012

África, cuestión de vida. África, cuestión debida.

Un ano máis a nosa escola acolle a exposición de "África, cuestión de vida. África, cuestión debida" promovida por REDES VIGO. Este ano presentan imaxes do fotógrafo Augusto Rodriguez Criado sobre a saúde na  África Subsahariana. Como novidade, este ano invitáronnos a participar dun conto viaxeiro que irán completando todas as escolas participantes. Tivemos a sorte de seren o primeiros, e a verdade é que tanto o de infantil como o de primaria quedaron espectaculares.

O conto viaxeiro das aventuras de Fadou - diapositivashttp://www.africacuestiondevida.org/

mércores, 1 de xuño de 2011