luns, 24 de outubro de 2016

SEMANA BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 de outubro: día das bibliotecas escolares

Coma tódolos anos  esta semana  aproveitámola para abrir as portas da nosa biblioteca para todo o alumnado do colexio.
Sempre intentamos facer unha breve reflexión   sobre o xeito de estar neste lugar tan máxico da escola  e sacarlle o máximo partido como usuarios/as.
Este ano esa formación de usuarios correu a cargo do alumnado integrante do equipo de biblioteca de 6º de primaria, para elo gravaron este vídeo.
O alumnado colaborador da Bibliochans davos unhas pequenas pautas para que poidades movervos pola biblio con soltura.





Despois de recibir a carta do "Trasno Contacontos" visitamos a Biblioteca (segundo horario establecido) e desenvolvemos unha morea de actividades de animación á lectura e formación de usuarios co lema "As cores de Bibliochans"
Tralo visionado do vídeo observamos as cores dos andeis da biblioteca e eliximos o noso favorito.

Deixamos a nosa pegada  na árbore queimada  do "Bosque das Cores Máxicas", elixindo para elo a  cor do noso andel preferido e compartindo as nosas preferencias cos demáis.


Mirade que bonito quedou!
















Queredes ver imaxes da celebración?? Deixámosvos este vídeo

Ningún comentario:

Publicar un comentario