mércores, 14 de decembro de 2016

AGASÁLLAME UNHA PALABRA!

Como en Nadal a lista de agasallos se multiplican, o Trasno preséntavos unha nova proposta: Agasállame unha palabra!. Como sabedes este curso estamos metido xa de cheo nun novo proxecto chamando "Con ollos de Artista" co que pretendemos achegarnos ao mundo das artes e descubrir o artista que todos levamos dentro. Cada semana unha letra chegará a túa clase e  o que tendes que facer é buscar unha palabra que comece por esa letra (que teña relación co mundo do arte) , definila e facer un debuxo. Podedes pedirlle ás vosas familias que colaboren con vos. Xa veredes cantas novas palabras coñecederes. Animádevos a participar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario