O lema escollido desta xornada é "Aprende a pensar en Bibliochans", xa que a Biblioteca oferta un montón de posibilidades para "aprender a pensar" e desenvolver o pensamento crítico. O Trasno Contacontos mandounos unha carta para convidarnos a visitar o espazo máis máxico da escola. Os nenos de 6º fixeron un vídeo no que nos ensinaron como pasar de "Rata a leoa" e agasalláronnos cun marcapaxinas conmemorativo. Ademais vimos o vídeo "As cores de Bibliochans" e realizamos actividades variadas que nos axudaron a manexarnos mellor na nosa Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario