mércores, 1 de xuño de 2022

Letras Galegas 2022

Como cada ano, no CEIP de Chans-Bembrive festexamos o día das Letras Galegas CAMIÑANDO POLA LINGUA! Cada aula percorreu un sendeiro da parroquia de Bembrive para chegar ao mesmo punto, o Torreiro. Alí xuntámonos para para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán compartindo todo o que aprendemos na escola sobre el cos veciños e veciñas da zona. 

Este curso fixémolo do xeito que máis nos gusta: con música!!

Presentamos a biografía de Florencio Delgado cunha canción feita na aula de música acompañada dunha coreografía con balóns de baloncesto interpretada polo alumnado de 6ºA. Toda a escola traballou o tema na clase co seguinte vídeo e no Torreiro cantamos todos xuntos para dar a coñecer o autor a toda a parroquia. (Preme na ligazón)

BIOGRAFÍA MUSICAL DE FLORENCIO DELGADO


Continuamos dando a coñecer a obra de Florencio Delgado cantando un fragmento do poema "San Xosé", interpretado polo alumnado de 1º, 2º e 3º. (Preme na ligazón)

POEMA MUSICADO


E rematamos poñendo en valor a nosa música cunha actuación brillante do alumnado de 4º (ritmo con vasos), 5º (danza con paus) e 6ºB (coreografía con balóns) ao ritmo de "Terra", de Tanxugueiras. (Preme na ligazón)

TERRA


Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo resumo das andainas por Bembrive e do acto conmemorativo das Letras Galegas 2022.

VÍDEO RESUMO





Ningún comentario:

Publicar un comentario