Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de novembro de 2021

A maxia chegou a BiblioChans!

 A semana pasada todos os nenos e nenas da escola pasaron sola biblioteca para festexar a Semana das Bibliotecas Escolares. Foi unha xornada estupenda na que falamos sobre a maxia dos libros e as bibliotecas, sobre personaxes, historias e obxectos máxicos. Incluso chegamos á conclusión de que, se algún día desaparece a imaxinación, o único capaz de devolvérnola sería un LIBRO.

Tan marabillados/as quedamos, que todas as aulas decidiron botar a súa solicitude para a Escola de Maxia da escola.

Embarcámonos nunha nova aventura. Estades preparados/as?


AbracaChans!




luns, 2 de novembro de 2020

BENVIDOS/AS A BIBLIOCHANS, VERSIÓN COVID

 A nosa Biblioteca xa está adaptada a esta nova realidade. Nada poderá evitar  que sigamos subindo co Trasno á árbore dos soños, da fantasía, da creatividade. Ogallá os unicos virus que se espallen pola escola sexan os da lectura.

Queredes ver como quedou  Bibliochans  adaptada as normas de seguridade e hixiene? Preme na imaxe








Aquí tendes as normas básicas para que  todos/as poidamos gozar dos libros con seguridade e responsabilidade.