A semana pasada todos os nenos e nenas da escola pasaron sola biblioteca para festexar a Semana das Bibliotecas Escolares. Foi unha xornada estupenda na que falamos sobre a maxia dos libros e as bibliotecas, sobre personaxes, historias e obxectos máxicos. Incluso chegamos á conclusión de que, se algún día desaparece a imaxinación, o único capaz de devolvérnola sería un LIBRO.
Tan marabillados/as quedamos, que todas as aulas decidiron botar a súa solicitude para a Escola de Maxia da escola.
Embarcámonos nunha nova aventura. Estades preparados/as?
AbracaChans!
Ningún comentario:
Publicar un comentario