Anda o mundo revolto coa erupción do volcán da Palma. E non é para menos, porque este fenómeno da natureza deixou sen fogar e sen traballo a moitísimas familias, e incluso destruiu varias escolas da illa.
Para comprender mellor as noticias que nos bombardean cada día nos medios de comunicación puxémonos mans á obra na biblioteca e atopamos unha manchea de libros que nos dan información sobre os volcáns.
Estamos traballando arreo nas aulas e pouco a pouco imos completando o mural colaborativo da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario