Amosando publicacións coa etiqueta Artistas de Chans. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Artistas de Chans. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Artistas de Chans 4

E aquí estamos coa última entrega dos Artistas de Chans por este curso..

Elián de 4º tocando a batería. Un verdadeiro profesional.


Carla de 5 anos e Aroa de 3º prepararon un baile "galego"



Clara e Javier de 2º cóntanos a historia de "As pitas baixo a choiva"



Carla de 3º canta a canción "Isto rematará", escrito e cantada por ela!!





Andrea de 5º fainos un truco de maxia:




Quero agradecer e felicitar a todas as persoas que participaron neste "Artistas de Chans" dende a casa. 
Feliz verán cheo de emocións! Vémonos o curso que vén!

martes, 16 de xuño de 2020

Artistas de Chans 3

Ola amiguiños e amiguiñas! Entendedes que sigo abraiado coas vosas achegas; de verdade que non vos imaxinades a ilusión que me fai, e sobre todo poder compartilas. 

Nico Solleiro de 4º fainos unha reflexión... 


Hugo Cuadrado de 3ºB recita a famosa poesía de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes"




Paula Rodríguez de 6º envíanos un baile coa canción que fai que resistamos o confinamento


Iago Blanco de 3º B toca o himno do noso Celtiña:
Hala Celta!!


Seguide pendente, mañá publicaremos máis!!!


Artistas de Chans 2

Aquí vai unha segunda entrega de Artistas de Chans, igual de artistas que os anteriores💓.

Os nos@s artistas son:
Zoe Lorenzo Martínez 4ºB
Isaac Lorenzo Martínez 2ºA
Ainara Madrid Pereira 6ºB
Coa colaboración da súa familia, tías e prima.


O seguinte artista é Izan Alonso Cid de infantil 5 anos que me enviou este vídeo do Pirata Metepata.


David Comesaña Babarro de 4º contoume un conto dos Bolechas co título "A hixiene", moi adecuado para estos momentos onde temos que procurar sempre lavar moi ben as mans...




Aarón de 4º A quere ensinarnos o que fai cos patíns! Menudo artista!



Estade pendentes da seguinte entrega, aínda hai máis!!

luns, 15 de xuño de 2020

Artistas de Chans 1.

Ola amiguiños e amiguiñas!
Botaba moito de menos as vosas actuacións!!!Quedei abraiado por toda esta creatividade de Chans! Verdadeir@s artistas! Moitas grazas por compartir connosco as vosas actuacións.

Recibín varios vídeos, colgareinos durante toda esta semana por orde en que me foron chegando. Estade moi pendentes das próximas actuacións!!

O primeiro que chegou foi o de Uxío de 1º de primaria. Esto foi o que me escribiu:
Ola Trasno! Envío unha regueifa adicada a Carvalho Calero.


O seguinte vídeo foi o de Bruo de 1º. Esto foi o que me contou:
Ola Trasno!
Facemos achega deste vídeo que fixemos con moito agarimo e ilusión hai unhas semanas, cando o confinamento da Covid-19 dominaba as nosas vidas. Pensamos que é o mellor que podiamos partillar contigo coma resposta a túa petición.
Beixiños de Brúo e familia.


A seguinte entrega é de Carla de 3 aniños e Martina de 1º que nos cantan e bailan "A saia da Carolina"



E a última entrega de hoxe é de Hugo Pereira de 4ºB que nos toca unha preciosa peza co piano.



Moitas grazas 💓 a tod@s!

Estade pendentes!! Mañá publicarei máis vídeos!!