luns, 15 de xuño de 2020

Artistas de Chans 1.

Ola amiguiños e amiguiñas!
Botaba moito de menos as vosas actuacións!!!Quedei abraiado por toda esta creatividade de Chans! Verdadeir@s artistas! Moitas grazas por compartir connosco as vosas actuacións.

Recibín varios vídeos, colgareinos durante toda esta semana por orde en que me foron chegando. Estade moi pendentes das próximas actuacións!!

O primeiro que chegou foi o de Uxío de 1º de primaria. Esto foi o que me escribiu:
Ola Trasno! Envío unha regueifa adicada a Carvalho Calero.


O seguinte vídeo foi o de Bruo de 1º. Esto foi o que me contou:
Ola Trasno!
Facemos achega deste vídeo que fixemos con moito agarimo e ilusión hai unhas semanas, cando o confinamento da Covid-19 dominaba as nosas vidas. Pensamos que é o mellor que podiamos partillar contigo coma resposta a túa petición.
Beixiños de Brúo e familia.


A seguinte entrega é de Carla de 3 aniños e Martina de 1º que nos cantan e bailan "A saia da Carolina"



E a última entrega de hoxe é de Hugo Pereira de 4ºB que nos toca unha preciosa peza co piano.



Moitas grazas 💓 a tod@s!

Estade pendentes!! Mañá publicarei máis vídeos!!



1 comentario:

  1. Brav@s tod@s @s nen@s de Chans, canto talento!!!.
    Animádevos todas a participar.

    ResponderEliminar