Amosando publicacións coa etiqueta AbracaChans. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AbracaChans. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xuño de 2022

Entrega de premios do concurso de fotografía

 Aproveitamos a clausura da escola de Maxia para facer entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de fotografía creativa.

Raquel, de 1ºB

Mael de 2ºB e Lía de I4

París, de 6ºA



Parabéns!

Fin de curso en ABRACACHANS!

 Rematamos o curso na escola de Maxia coa graduación de todos os alumnos e alumnas que superaron con éxito todas as materias!! Todos e todas recibiron o seu diploma.




luns, 4 de abril de 2022

Luces, cámaras e... ABRAPALABRA

 Xa podedes gozar da maxia das palabras co traballo realizado por todas as aulas. Un traballo de investigación para desenmascarar o verdadeiro significado de palabras que, coma nos trucos de maxia, parece que son unha cousa, pero son outra.



domingo, 3 de abril de 2022

domingo, 20 de marzo de 2022

MAXIA E ARTE.

Comeza marzo preparando a materia de Maxia e Arte. O Trasno envíounos unha carta na que nos dice que non é certo todo o que vemos e próponnos que durante unha semana comecemos  o día "cunha ilusión". Foi fascinante comprobar como a maxia está agochada tras as formas, as cores, os tamaños... 

Ademáis animounos  a crear as nosas propias ilusións ópticas para formar parte da exposición IlusionArte. 

Queres  descubrir máis sobre este misterio? Abre ben os ollos e.....Mira, mira Que ves?. Preme no vídeo

E asi foi como quedou o noso mural colaborativo "IlusionArte"





xoves, 10 de marzo de 2022

O misterioso caso das mulleres invisibles

Polo día da muller os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º recibiron unha carta do Trasno Contacontos pedindo a súa colaboración para resolver o caso das mulleres que alguén estaba facendo desaparecer da historia "por arte de maxia". 




luns, 7 de marzo de 2022

A maxia das palabras


 

Consegue as 5 habilidades máxicas


Para conseguir o voso graduado na Escola de Maxia, deberedes practicar ata conseguir 
5 habilidades máxicas. Moito ánimo!!

xoves, 3 de marzo de 2022

Escudos das aulas

 Os escudos das aulas da escola quedaron espectaculares. Algúns deles definen moi ben as fortalezas e as características do grupo ao que representan. 




martes, 1 de marzo de 2022

Portas da escola de Maxia

 Xa case están listas as portas de todas as aulas da Escola de Maxia AbracaChans! Cos seus nomes da aula e os seus obxectos e palabras máxicas. Os corredores están impresionantes. 

Bo traballo!






luns, 15 de novembro de 2021

AbracaChans!

 A Escola de Maxia AbracaChans comeza a súa andaina. Xa varias aulas presentaron a súa solicitude de ingreso e foron admitidas polo gran traballo que fixeron durante as últimas semanas.

Xa presentastes a vosa solicitude? A que esperades? Quedan poucas prazas!