Comeza marzo preparando a materia de Maxia e Arte. O Trasno envíounos unha carta na que nos dice que non é certo todo o que vemos e próponnos que durante unha semana comecemos o día "cunha ilusión". Foi fascinante comprobar como a maxia está agochada tras as formas, as cores, os tamaños...
Ademáis animounos a crear as nosas propias ilusións ópticas para formar parte da exposición IlusionArte.
Queres descubrir máis sobre este misterio? Abre ben os ollos e.....Mira, mira Que ves?. Preme no vídeo
E asi foi como quedou o noso mural colaborativo "IlusionArte"
Ningún comentario:
Publicar un comentario