A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina
entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a
literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de
entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non
sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente
estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta
muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil
e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por
non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica
de luxo!
Nova extraída do blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia
Noraboa a Fina que como sabedes visitou a escola varias veces e asinou no libro de personaxes ilustres que temos en Bibliochans
ResponderEliminar