martes, 1 de xuño de 2021

Co X de Xela

Estas Letras Galegas traballamos sobre Xela Arias, unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea. 


Queremos rendir homenaxe neste ano no que o mundo se  escríbe con X, letra tan singular na nosa lingua. Aquí vai o noso traballo:









Recordamos neste vídeo o seu poema Darío a diario musicado por A Banda da loba:


DARÍO A DIARIO
Darío a diario.
Invasión que se me convén fantástica.
Invasión sen ocasión.
Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns,
de roupiñas pequenas e xoguetes de colores,
de risas, choros,agarimos,agarimos.
Darío a diario.
A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,
por iso detesto un pouco tantas palabras.
Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,
¡emperatriz de sons guturais en diante!

Arias, Xela, (1996), Darío a Diario

Ningún comentario:

Publicar un comentario