Este ano 2021 celébrase o 150 aniversario da publicación da segunda parte do libro "Alicia no país das marabillas", de Lewis Carrol. O autor titulouno "A través do espello e o que Alicia atopou alí" e, aínda que non conseguiu ter o mesmo éxito que o primeiro, é unha historia igualmente disparatada, xenial e divertida.
Para conmemorar este aniversario fixemos unha exposición con libros e obxectos representativos das dúas historias de Lewis Carrol, e o alumnado de 5º e 6º foi convidado a colaborar realizando ilustracións sobre Alicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario