Todos os nenos e nenas de Chans participaron estes días nun scape room na biblioteca. A malvada gorgona Medusa petrificaríaos a todos se non conseguían escapar antes de que a conta atrás chegase ao seu fin. Fixérono en pequenos grupos e, tras superar unha serie de probas, conseguiron abrir a porta, onde un extraño ser lles entregou un puzzle que será a clave para a topar o camiño que os levará a "unha viaxe polo Olimpo"
O Trasno descubriu no andel de Mitoloxía de Bibliochans unha mensaxe cunhas letras moi raras e cando conseguiu descifrala decatouse que estabamos en perigo.Preme na imaxe e accederás ao vídeo:
O Trasno descubriu no andel de Mitoloxía de Bibliochans unha mensaxe cunhas letras moi raras e cando conseguiu descifrala decatouse que estabamos en perigo.Preme na imaxe e accederás ao vídeo:
Os nenos/as tiveron que poñer en xogo as súas habilidades cooperativas e creativas para resolver todas as probas, "desafiar ao oráculo" e conseguir as pezas do puzzle:
Se queredes ver algúns dos mellores momentos do scape room, premede na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario