Hoxe recibimos en Bibliochans unha moi agradable sorpresa! O noso blogue recibiu un premio outorgado pola Biblioteca do CEIP de San Roque de Darbo. Estamos moi agradecidos e tamén queremos premiar a outros blogues amigos que traballan para dar a coñecer e compartir todas as cousas marabillosas que fan nas súas escolas.
Liebster Blog significa en alemán "blog favorito" e unha vez recibido o premio debemos continuar esta cadea: debemos elixir os nosos 5 blogs favoritos e enviarlles o premio, porque se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea.
As instrucións que debemos seguir son as seguintes:
- Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho outorgou.
- Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de 200 seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
- Confiar en que continúen a cadea premiando a súa vez os seus cinco blogs preferidos.
Noraboa a todos e todas os que contribuides a que o blogue de Bibliochans sega medrando con nos. Biquiños
ResponderEliminarRosa