xoves, 26 de xaneiro de 2012

Biblioteca Xosé Neira Vilas

A comezos de curso viñéronnos visitar os responsables da Biblioteca Xosé Neira Vilas  para presentarnos as súas actividades para escolares. Gustáronnos tanto que todas as clases se quixeron apuntar á visitala. Xa pasou por alí a metade do cole, e todos coinciden en que foi unha visita estupenda e que lles gustaría repetir! Agora que tendes os vosos carnets de socios poderedes ir a gozar das lecturas nesa fermosa biblioteca.

Se queredes saber máis sobre as actividades que organiza a biblioteca Neira Vilas podedes entrar no blogue da ANPA de Chans


Ou na web da Biblioteca Xosé Neira Vilas



Ningún comentario:

Publicar un comentario