mércores, 1 de xuño de 2011

Leonard Cohen, premio Príncipe de Asturias das letras

Aínda que neste caso non é quen canta, o autor desta canción da famosa película Shrek, Aleluia, é Leonard Cohen, quen antes de ser cantante e compositor foi tamén poeta e editou varios libros.  Leonard Cohen está considerado un dos mellores compositores das últimas décadas, polas súas letras, cheas de forza e significado e a súa maneira, moi peculiar, de interpretar as súas cancións, case como se as recitara.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario