sábado, 18 de setembro de 2010

Bibliotecleando, vou medrando

          Comeza un novo curso cheo de sorpresas para Bibliochans!! A nosa escola foi seleccionada para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e se nos presenta a oportunidadde de darlle un grande impulso á nosa biblioteca. O noso proxecto “Bibliotecleando vou medrando” pretende axudar a toda a Comunidade Educativa a “subir á árbore dos soños, da fantasía, da cooperación, da información, da investigación...” e a medrar á vez que medra a nosa Biblioteca.

          Pretendemos que convivan dúas fontes de coñecemento nun mesmo espazo, o soporte papel e dixital, promovendo a colocación de postos informáticos na biblioteca e impulsando o desenvolvemento das competencias dixitais, comunicativas e artísticas.

          Sabemos que non é unha tarefa doada, xa que esixirá moito esforzo e dedicación por parte de todos, pero como todos os contos de seguro terá “un final feliz”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario