domingo, 16 de maio de 2010

Uxío Novoneyra e os nenos

Como é primavera, dous amigos, Gorgorín e Cabezón vanse bañar ao río. O primeiro nada suave como unha troita; o segundo, vaise metendo aos poucos e como unha balea a penas sae do sitio e solta bufidos. Os homes do saco, tan antigos que xa se cría que non existían, aproveitan que, ao saíren da auga, dan en xogar ao cazador e ao can....


Rabilete, Gatillo, Pistón, Portapeza, Firmegarra e Seguerrastro son uns nenos do Courel que gustan de cachear as covas dos arredores. Un día deciden subir ao cubil do xabarín. Cando acaba o camiño e comeza a bouza, teñen que extremar as precaucións pois en calquera momento pode aparecer o xabarín enfurecido disposto a defender as súas crías...


Narra as aventuras dunha nena chamada Ilda que, trala morte da nai, medra pechada nunha torre. Os seus únicos compañeiros e amigos son un xabarín, un lobo e un corzo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario