sábado, 15 de maio de 2010

Benvidos ó Blogue de Bibliochans!!

Benvidos nenos, nenas, mestras e mestres a este espazo no que poderemos estar en contacto tanto dentro como fora da escola!! Aquí coñeceredes de primeira man todos os acontecementos relacionados coa Biblioteca do noso cole e todas esas historias que iredes escribindo ou debuxando ao longo do curso.


Espero que me visitedes a miúdo e, como vos prometín, eiquí vai unha divertida historia para que vaiades coñecendo pouco a pouco a todos os meus amigos e amigas.

"O encontro con Pinchos"

Un sábado pola mañá o Trasno Contacontos e a lavandeira Curi sairon pasear polo bosque e atoparon un ourizo cacho.
- ¿Cómo te chamas? Preguntou Curi.
- Non teño nome- respondeu o ourizo.
- ¿Queres ser o noso amigo? Poñerémosche un nome, propúxolle Contacontos.
- Encantaríame ser o voso amigo... pero teño curiosidade por saber como vos chamades.
- Eu chámome Contacontos, e esta é a miña amiga a lavandeira Curi.
- A ti chamarémosche Pinchos ¿Góstache?
- Si, moito. Pero agora teño que ir xunto os meus irmáns.
- Bueno, ata pronto -despediuse Curi.
- Ata logo, dixo o ourizo.
Os novos amigos pasaron moitos días paseando polos montes de Bembrive. Fixeron tamén unha visita ó colexio e presentaron a Pinchos, ós nenos e nenas de Chans.
Unha tarde, o Trasno e Curi foron de visita á casa de Pinchos, pero non o atoparon. Cando xa ían marchar escoitaron uns choros. Eran os irmáns de Pinchos.
- ¿Qué vos pasa? ¿Onde está o voso irmán?
- Chegaron uns homes e capturárono -contáronlles os irmáns.
- ¿Sabedes onde o levaron? preguntou Curi.
- Marcharon cara ó Norte.
- Entón intentaremos rescatalo, dixo o Trasno.
Curi e Contacontos foron correndo á casa de Relámpago a pedir axuda .
- Coñezo unha casa de cazadores de ourizos detrás desa montaña. Levareivos ata alí -díxolles Relámpago.
Non tardaron moito en chegar e axiña descubriron o lugar onde escondían a Pinchos. Relámpago derrubou a porta, dándolle uns golpes coas patas dianteiras. Curi e Contacontos entraron sen problemas e rescataron a Pinchos que estaba dentro dunha gaiola, moi asustado, morto de frío e de medo.
Ó volver á casa, Pinchos organizou unha gran festa para tódolos animais do bosque. Pasárono moi ben. Ó rematar volveron para as súas casas esgotados, pero moi contentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario