O ano 2010 foi declarado pola Xunta de Galicia Ano do Libro e da Lectura. Por iso, a Consellería de Cultura e Turismo adicarase de xeito especial a traballar a prol do libro, vinculando os plans de actuación e as medidas de promoción do libro coa celebración do Ano Xacobeo. A finalidade deste proxecto é impulsar o Ano do Libro e da Lectura de Galicia a través da celebración do Xacobeo 2010. Implicaranse as institucións públicas, centros de ensino, bibliotecas, asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia destinando unha porcentaxe da súa actividade a desenvolver actividades de fomento, co fin de recoñecer o libro “como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia”. Así mesmo, invítase a todos os galegos a participar nos distintos actos que se celebren na promoción do libro e da lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario