O pasado mes de outubro celebramos na escola o Mes das Bibliotecas Escolares e con tal motivo viñéronnos visitar Ani e Ramsés, as personaxes do libro de Susana Lamela e María Lires "Andeis Baleiros". Despois de ler a historia de como se coñeceron, Ramsés entregounos os novos carnés da biblioteca, que utilizaremos a partir de agora para poder levar libros para a casa e que non se aburran nos andeis nin os coman os ratos.
E recordade, se queredes consultar o catálogo da biblioteca pinchade no icono da barra lateral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario