venres, 8 de abril de 2011

Made in galiza: libro forum

Estimados pais/nais/avós/avoas...: dentro das actividades de FOMENTO DA LECTURA e coincidindo co mes das Letras Galegas (17 de maio) os Equipos de Dinamización da Biblioteca e Dinamización Lingüística propoñen un LIBRO FORUM.

Esta actividade consiste en que todos os participantes len o mesmo libro e o día que se lles comunique reunirémonos todos para falar do libro e de todo o que nos suxire.

O libro escollido é “Made in Galiza" de Sechu Senlle. Coidamos que é un libro moi interesante e sinxelo na súa lectura.

Aquelas persoas que o desexen poden pedir o libro en Secretaría. Agradecémosvos que nolo devolvades cando rematedes a súa lectura para que o poidan ler outros pais e nais.


ANIMÁDEOS E PARTICIPADE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario